Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

A NOSA BIBLIOTECA

"Abre as portas e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa de liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca."
Agustín Fernández Paz




APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema escollido para o cartel que ambientará e dará base ao traballo a realizar en todas as bilbiotecas escolares galegas para este curso que acaba de comenzar 2017/2018. Foi realizado por XOSÉ TOMÁS, ilustrador e profesor.
Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións.
Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas.
Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para desenvolver o pensamento complexo.
A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro, para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais e sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.

XORNAL ESCOLAR: A PONTE VELLA 2017

Un ano máis aquí temos o noso Xornal Escolar "A Ponte Vella" onde o nosos alumnos e alumnas convírtense en periodistas para reforzar de maneira considerable o interés pola aprendizaxe  e os seus procesos, como a investigación, a búsqueda de información, a estética, a composición  o desenvolvemento da plástica e a imaxe, así como a creatividade e a capacidade crítica. Esperamos que disfrutedes coa súa lectura como eles e nós.

FELICES VACACIÓNS!!!!!






TEATRO: TODO É UN CONTO



MÚSICA E BAILE 2017

BIBLIÓTICO

A nos mascota da biblioteca "BIBLIÓTICO" reparte o xornal escolar e as guías de recomendacións lectoras para o verán de 201

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2017


A GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES

A galiña azul é o máis popular dos libros de Carlos Casares. Publicada en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para o publico infantil. O libro baixo a apariencia dun conto infantil, deixa ver a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza, expresa valores universais e o compromiso do autor coa lingua galega

.