Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

O APALPADOR VISITA A BIBLIOTECA




O venres, 19 de decembro, estivo na nosa biblioteca O APALPADOR,  vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas altas montañas. Traía un enorme saco cheo de castañas, xoguetes artesanais feitos á man con madeira, pedra, cartón..., pero tamén traía un conto, ese conto que ten na man e que lles contou aos nenos e nenas do colexio da Ponte.
Na noite de Nadal  entra nas casas dos nenos e das nenas para apalparlles a barriguiña. Se están cheas di:" asi, asi esteas todo o ano" e deixalles un xoguete feito á man; senón, cala e deixalles unha presa de castañas.
Despois do conto cantaron todos xuntos a canción do Apalpador de Paco Nogueiras:
"Xa me tarda o momento
de meterme na camiña,
e que veña o Apalpador
a apalparme a barriguiña"
Antes de despedirse, visitou todas as clases repartindo catañas e as guías do Nadal.



0 comentarios: