Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

CONTACONTOS


Patricia González e Álex Fente, encheron a bilbioteca de contos e cantos para o alumnado de 1º e 2º de primaria, tomando como punto de partida o conto de Anthony Browne titulado SACAPENAS, onde os bonecos "sacapenas" son o símbolo do relato que nos abre a porta a outra cultura. Dende hai moito tempo os nenos e nenas de Guatemala fabricábanos con pauciños e restos de teas e fíos, á hora de deitarse, cóntanlles unha preocupación e déixanos debaixo da almofada para que ao día seguinte, esperten sen inquedanzas.



0 comentarios: