Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia contra as mulleres é probablemente a violación dos dereitos humanos máis habitual e afecta a un maior número de persoas. Millóns de mulleres e nenas no mundo son vítimas de violencia. A violencia contra as mulleres está presente en todas as sociedades do mundo. Ten unha raíz única: a discriminación universal que sofren as mulleres polo feito de selo.
Celébrase o 25 de novembro o día internacional contra a violencia de xénero, como homenaxe ás tres irmáns Mirabal, activistas políticas que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960 na República Dominicana. Pero, por desgracia, a violencia contra as mulleres non pertence ao pasado, nin se enmarca só dentro do ámbito político. É un problema que afecta a familias e comunidades de todas as xeracións e todos os ámbitos sociais. Desde a ONU convídase a gobernos e orgnizacions a establecer actividades dirixidas a sensibilizar ao público respecto ao grave problema.
Desde o colexio realizamos co alumnado actividades educativas para a prevención da violencia de xénero.
Primeiro, o alumnado de 5º de primaria fan recomendacións par aevitar a violencia en calquera situación:
Ao menor síntoma ten a man
IGUALDINA FORTE 500
Comprimidos para acabar coa violencia machista
IGUALDADE 100%
Non existen contraindicacións
Recoméndase o seu uso excesivo



Agora é o turno do alumnado de 6º curso de primaria





INVENTOS EN VERSO

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS. 20 DE NOVEMBRO DE 2017

- Todo neno e toda nena sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
- As persoas adultas están na obriga de poñer as súas historias ao alcance dos nenos e das nenas.
- Todo neno e toda nena goza a plenitude do dereito a coñecer as fábulas, os mitos e lendas da tradición oral do seu país.



MARIE CURIE

No 150 aniversario do nacemento de Marie Curie que se cumpliu o 7 de novembro e dentro da semana da Ciencia, traballamos sobre a vida e a obra desta científica que antes de casar con Pierre Curie e tomar o seu apelido, era María Sklodowska. Esta muller foi a primeira persoa que tivo a honra de recibir dous premios Nobel diferentes.
O seu traballo contribuiu de maneira decisiva no coidado e prevención da saúde, aínda que definitivamente lle custara a súa propia vida.
Eva García Otero e Lucas Gómez García dan lectura ao traballo realizado.

CONTOS DE OUTONO






MAGOSTO 2017


SAMAÍN 2017

 Nesta semana do Samaín, a biblioteca  encheuse de contos, moitos contos, contos de medo, de terror, de bruxas de pantasmas, de zombis, de caveiras, de morcegos, de cabazas terroríficas e tamén da santa Compaña. Os lectores e lectoras disfrutaron de "medo" coas lecturas e cos traballos de investigación realizados para coñecer esta tradición nosa do Samaín que ten distintas particularidades dependendo da zona. 
Nos traballos realizados descubrimos que o lugar de Galicia onde máis se celebra o Samaín é Cedeira, alí organizan unha procesión de ánimas na que os rapaces e rapazas da vila desfilan vestidos como a Santa Compaña. En Quiroga exite a tradición de secar a cabazas e despois utilizalas como máscaras no Entroido.  O Samaín formou parte da candidatura á declaración, por parte da UNESCO, do patrimonio inmaterial galego-portugués como ben mundial.
O día 31 os maiores contaron aos máis pequeniños contos que daban moito medo, pero que no fondo lles encanta lelos e escoitalos: "Corre corre Cabaciña", "A bruxa regañadentes" e "A figueira de pelostortos".



 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro de 2017, OS LECTORES E LECTORAS recomendan os seus libros favoritos, para celebrar  o DÍA DA BIBLIOTECA co obxectivo de facer ver a importancia da Biblioteca como lugar de encontro de lectores e lectoras de todas as idades coa cultura e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Tamén realizaremos un contacontos coa temática da interculturalidade, coa intención de educar aos nenos e ás nenas nos valores da lectura e da cultura e  destacar a misión da Biblioteca como centro socializador e integrador.

DÍA DA MULLER ESCRITORA

A NOSA BIBLIOTECA

"Abre as portas e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa de liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca."
Agustín Fernández Paz




APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema escollido para o cartel que ambientará e dará base ao traballo a realizar en todas as bilbiotecas escolares galegas para este curso que acaba de comenzar 2017/2018. Foi realizado por XOSÉ TOMÁS, ilustrador e profesor.
Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións.
Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas.
Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para desenvolver o pensamento complexo.
A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro, para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais e sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.

XORNAL ESCOLAR: A PONTE VELLA 2017

Un ano máis aquí temos o noso Xornal Escolar "A Ponte Vella" onde o nosos alumnos e alumnas convírtense en periodistas para reforzar de maneira considerable o interés pola aprendizaxe  e os seus procesos, como a investigación, a búsqueda de información, a estética, a composición  o desenvolvemento da plástica e a imaxe, así como a creatividade e a capacidade crítica. Esperamos que disfrutedes coa súa lectura como eles e nós.

FELICES VACACIÓNS!!!!!






TEATRO: TODO É UN CONTO



MÚSICA E BAILE 2017

BIBLIÓTICO

A nos mascota da biblioteca "BIBLIÓTICO" reparte o xornal escolar e as guías de recomendacións lectoras para o verán de 201

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2017


A GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES

A galiña azul é o máis popular dos libros de Carlos Casares. Publicada en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para o publico infantil. O libro baixo a apariencia dun conto infantil, deixa ver a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza, expresa valores universais e o compromiso do autor coa lingua galega

.





MIUZALLAS

Miuzallas é a revista do Colectivo Estiño onde se recollen os traballos realizados en torrno á temática anual elixida para a realización do calendario colavorativo, en cuxa elaboración participamos 24 centros educativos. Este ano foi sobre os postres tradicionais da nosa terra e como complemento á cociña tradicional galega que se realizou anteriormente. Baixo o título de LAMBETADAS a revista recolle ditos poemas, sopas de letras, a vida de Carlos Casares e tamén artigos, e receitas para poder ler e realizar na escola ou coas familias coa intención de fomentar e propiciar accións educativas relativas á saúde no ámbito escolar e familiar, potenciando a adquisición dunha alimentación saudable.



TVG NA BIBLIOTECA

O luns, 22 de maio de 2017, o noso centro explicou, en directo, ao progama da TVG "A revista" a nosa participación na elaboración do calendario do Colectivo Estiño.
Se picas na primeira imaxe  darache acceso ao vídeo do programa



 TVG








FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

















O MAIO

Este ano, por primeira vez, celebramos os MAIOS no noso centro, co obxectivo de que o noso alumnado coñeza as nosas tradicións ao mesmo tempo que fomentamos a creatividade, a música, o traballo de investigación e o traballo en equipo. É unha festa tradicional galega para dar a benvida á chegada da primavera e a procura das boas colleitas.

COPLAS DOS MAIOS





GUÍA MAIOS


CARLOS CASARES


XOSÉ ANTONIO PEROZO

Xosé Antonio Perozo nunha charla impartida ao alumnado de 3º e 4º de primaria explica como fai para escribir os libros para rapaces e rapazas e a través do libro "Salven os ameneiros" escrito para a campaña do día da árbore e a auga, fai entrar ao alumnado polos vieiros da fantasía nos territorios da nosa realidade territorial, axudando aos nenos e nenas a achegarse á Natureza dun xeito entretido e tamén educativo.





MÚSICA E MAXIA

DÍA MUNDIAL DO LIBRO


RECOMENDACIÓN LECTORA POLO DÍA DO LIBRO 2017



EL UNIVERSO PARA ULISES de Juan Carlos Ortega, publicado pola editorial Planeta é unha recomendación lectora feita por Carlos Puebla González de 6º de primaria. O libro é un percorrido fascinante de un pai e un fillo polos segredos que esconde o firmamento partindo dunha particular historia do cosmos, o libro desgrana o pensamento de todos aqueles científicos que aportaron o seu grao de area para que hoxe comprendamos mellor os principios polos que se rixe o universo. Está explicado cunha linguaxe moi sinxela peo á vez precisa e rigurosa.




LECTURA DO "QUIXOTE" DÍA DO LIBRO 2017


DÍA DO LIBRO 2017: "EN ABRIL, LIBROS MIL"

POEMAS ILUSTRADOS DE GLORIA FUERTES


POEMAS DE GLORIA FUERTES














DÍA DA ARTE GALEGA

A Real Academia Galega de Belas Artes celebra o día das Artes Galegas cunha homenaxe, neste 1 de abril de 2017 a Maruja Mallo,  pintora, creadora universal, transgresora e libre. MARUJA MALLO naceu en Viveiro en 1902, destacou pola orixinalidade da súa obra plástica, o seu contacto con artístas, escritores e intelectuais como Dalí, Lorca, Bretón ou Eluard, a súa integración ás vangardas, así como polo seu carácter transgresor e pola defensa dos dereitos da muller.

OS AMENEIROS

Os libros: "Eva, o trasno e o ameneiro", para Educación Infantil e "Salven os ameneiros"  para o alumnado de Primaria,  escritos por Xosé A. Perozo e ilustrados por Estefanía Padullés e Viki Berre, son os materiais empregados para traballar neste día da árbore e da auga,  co obxectivo de educar ao alumnado no coñecemento do hábitat e das especies que temos máis pretos de nós. Esta campaña está promovida pola Deputación de Lugo. Este ano as historias están creadas en torno ao ameneiro, especie que está a sufrir un ataque de fungos cunha dimensión sen precedentes nas terras de Lugo.



DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA 2017

O alumnado de terceiro de primaria investigou sobre o ameneiro e o carballo, para coñecer mellor o noso entorno natural e para concienciarnos da importancia das árbores e da auga para a vida, pero tamén para a producción de enerxía e como transformadora da paisaxe, nunha provincia, Lugo, que é a de maior territorio protexido polas Reservas da Biosfera.







PLANTACIÓN POLO DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA 2017


DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA 2017

GLORIA FUERTES POLO DÍA DA POESÍA

Recordamos a figura e a obra de Gloria Fuertes polo centenario do seu nacimento.
A súa poesía espontánea, divertida, irónica, tenra, afectiva, sinxela, solidaria e sempre comprometida, chega a todo tipo de lectores e lectoras, a súa emoción humana abraza a toda a xente.





21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Neste 21 de marzo de 2017, día mundial da POESÍA, lembramos a figura e a obra da poeta GLORIA FUERTES, que neste ano celébrase o seu centenario.
GLORIA FUERTES naceu no barrio de Lavapiés en Madrid, o día 28 de xullo de 1917.  Empezou a escribir aos catorce anos. A súa vida e a súa obra estivo marcada pola guerra.
Na súa obra fala do amor, da guerra, da soedade, da festa. Defensora do pacifismo, do feminismo e do ecoloxismo. Os seus poemas están cheos de sensibilidade, sonoridade e crítica social. Ademais de escribir poesía para adultos e para nenos e nenas, dirixiu programas infantiles na TVE. Morreu en Madrid en novembro de 1998.



MULLERES DESTACADAS


MANNEQUIN CHALLENGE POLO DÍA DA MULLER 2017





COPLAS ENTROIDO 2017


COPLAS DE ENTROIDO

AS VIAXES DE CASARES POLO ENTROIDO

O Entroido 2017 estivo dedicado ás viaxes de CARLOS CASARES, autor ao que se lle dedica este o día das Letras Galegas

ENTROIDO 2017


MANNEQUIN CHALLENGE ROSALÍA DE CASTRO

Manequin Challenge na nosa Biblioteca polo día de Rosalía de Castro

AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de febreiro, hai 180 anos do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, a nosa poeta máis universal.
Dicir Rosalía significa dicir poesía, denuncia, reivindicación, amor, dor, esperanza.
Rosalía era unha muller en continua loita co que a rodeaba, co sentimento tráxico de ser galego, e tamén de ser muller.
Entre as súas obras máis destacadas están: "Cantares Gallegos", "En las orillas del Sar" e "Follas novas"

ROSALÍA DE CASTRO


DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O día internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta.
A educación e a información na Lingua Materna son esenciais para mellorar a aprendizaxe e fomentar a confianza e a autoestima que son algúns dos principais motores de desenvolvemento.
Canto máis saibamos valorizar as linguas, máis ferramentas teremos para construír un futuro digno para todos

SESIÓN DE CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

Paco Nogueiras canta pero tamén conta fermosas historias:

"A árbore da escola" conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do colexio grazas ao agarimo que recibe do rapaz e o afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.

"A merliña"conta a historia dunha merla que coidaba dos seus cinco merliños, pero un día pasou por alí unha raposa á que, nada máis velos, lle entraron unhas gañas tremendas de papalos...




"A última carta" conta unha historia que transcorre nunha fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar con un amable carteiro. O seu último día de traballo será inolvidable. Unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas.

PACO NOGUEIRAS

Onte, día 13 de febreiro, estivo, na nosa biblioteca, PACO  NOGUEIRAS, actor, músico e narrador, ofrecéndonos unha  divertida e amena sesión chea de música e contos.



ACRÓSTICOS DE AMOR



POEMAS DE AMOR

Recitando poemas do libro "O LIBRO DOS BICOS" de Xosé Luna Sanmartín

Gisela, Alex González, Micaela, Pablo e Brian recitan poemas cheos de emoción, paixón e vida e reparten bicos que nos conquistan e consolan. O autor con estes versos consigue espallar bicos agochados nos versos.

ABECEDARIO DA PAZ

A mensaxe básica é: "Amor universal, non violencia e paz


RECITAL DE POEMAS PARA A PAZ

A través da educacdión, contribuimos á concienciación de todos na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades nunha sociedade democrática, libre, mista, responsable e en paz

DENUNCIAMOS

MANIFESTO POLA PAZ

MURAL DA PAZ

Todo o centro participou na elaboración do mural da PAZ. O obxectivo é a educaión en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz. 



CANTAROLA DOS NENOS DE XOSÉ NEIRA VILAS

O día 30 de xaneiro celebramos no noso centro o día da paz, entre outros actos, houbo un recitado de pomas para a paz por parte de todo o alumnado do centro; neste caso os nenos e nenas de 2º curso de primaria recitan un poema de Xosé Neira Vilas titulado "Cantarola dos nenos"

DÍA DA PAZ


LECTURAS DE PAZ

"Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño"
Mathama Gandhi



RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2016